Abrirá sábado e domingo de 12 a 22h na rúa Ordóñez. Será inaugurada o sábado día 1 ás 12h pola Directora Xeral de Comercio
A rúa Ordóñez de Tui vai acoller esta fin de semana, sábado e domingo, a XIV Feira de Artesanía organizada pola Concellería de Cultura. Trátase dunha clara aposta pola cultura tradicional que toma forma nos obxectos elaborados con cerámica, coiro, madeira, cristal... por artesáns de toda Galicia. Nos 32 postos de artesanía que abrirán na rúa Ordóñez estarán tamén oito artesáns tudenses expondo os obxectos froito da súa creación. Non faltarán á cita a integrantes da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño que estarán toda a fin de semana amosando os seus traballos e palillando á vista do público.
XIV Feira de Artesanía
Data: Sábado 1 e domingo 2 de maio
Horario: de 12 a 22h
Lugar: Rúa Ordóñez (paralela á Corredoira)
Actividades:
Sábado 1
Ás 12h inauguración e actuación do grupo folclórico “Inquedanza” de Pazos de Reis
Ás 18h Actuación do grupo de gaitas “San Xoán” de Paramos
Domingo 2
Ás 12h Actuación do grupo folclórico “Xuntanza de Randufe
Ás 18h Actuación do grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro
Organiza: Concellería de Cultura de Tui
Colabora: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño
Sem comentários:
Enviar um comentário