O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, a partir das catro da tarde, o III Concurso Zonal de Bandas de Música Zona Sur organizado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do concello de Tui.
As agrupacións participantes divídense en tres seccións en función do número de integrantes. Na sección terceira, coa que comezará a competición, participan a Banda de Música Municipal de Arbo e a Banda de Música de Chapela. Na sección segunda entran en concurso a Banda de Música Unión de Guláns, a Agrupación Musical de Goián e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Por último na sección primeira compiten a Agrupación Musical do Rosal, a Agrupación Musical de Vincios e a Banda de Música Xuvenil de Torroso. Cada unha destas agrupación debe interpretar dúas composicións, sendo unha delas galega e outra de libre elección. A entrada é libre.
Ao remate, mentres delibera o xurado actuará coma agrupación convidada a Omega Brass Ensemble
O Certame foi presentado esta mañá na Casa do Concello de Tui polo Deputado de Cultura, Jose Juan Durán, e polo Concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez.
Certame Zonal de Bandas de Música Zona sur
Lugar: Teatro Municipal
Data: Sábado, 17 de abril, ás 16h
Sem comentários:
Enviar um comentário