sábado, 16 de julho de 2016

Área recreativa do alto de San Xiao Monte Aloia

As primeiras mesas e  asadores do Aloia, según datos recollidos no libro editado polo propio parque  “ D.Rafael Areses Vidal. Biografía dun home dedicado ós bosques de Galicia” pensamos nós que son as da baixada da capela de san Xiao á fonte do Santo do ano 1912, e non as que hai no lugar coñecido por Udencias do ano 1911, como se relata no libro, por ser a fonte do Santo o lugar máis próximo á capela de San Xiao, lugar de descanso dos peregrinos que se achegaban ata ela, e por non existir tales na zona das Udencias.
 “ 1912.- Se hace una completa reforma en la escalinata y mesetas de la bajada a la fuente del Santo........despues de limpiar y arreglar el manantial , construyendo una artística alberca y un lavadero, se hermosea el mirador, restaurando sus muros y formando un bonito jardín. Se instalaron numerosas y cómodas cocinas de campaña para que pudieran los romeros y excursionistas preparar sus comidas, sin el peligro que para el monte tenía antes el fuego, que con tal motivo se hacía en cualquier parte.”
 día 5 de Xullo de 1935 foi declarado sitio de interés natural, ( premer no seguinte enlace): 
 http://www.anabam.org/p.n.aloia.historia.html
     Declarouse parque natural o día 4 de decembro de 1978 sendo o primeiro parque natural de Galicia.
    Entre as maravillas que podemos atopar destacan os seus miradores con vistas panorámicas, o monumento ao enxeñeiro D. Rafael Areses Vidal, a muralla ciclópea, a casa dos montañeiros celtas, a ermida de San Xiao, a cruz monumental, a cama do Santo e o árborado diverso formado por especies autóctonas e exóticas. Discurre tamén por esta Área a ruta de sendeirismo Cabana-Cabaciña.
    O alto de San Xiao é tamén lugar de celebración de dúas romarías: a primeira o día 27 de xaneiro na honra de San Xiao e a segunda o primeiro domingo de Xullo para a virxe das Angustias
Concello: Tui
 Parroquia: Rebordáns e Pazos de Reis
 Lugar: Limitaremos esta Área situada na zona mais alta do monte pola continuidade de instalacións, tendo como referencia a Cruz monumental e a capela de San Xiao e chegando ata as Pozas da Cabana no seu punto máis baixo.
 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:  X   526490  Y  4659262
Instalacións:   - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )
                         - Fonte – Auga potable
                         - Bancos e mesas
                          -Asadores
                          - Parque infantil
                         - WCs públicos
                         - Cafetería-Restaurante               
Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si
in ANABAM

Sem comentários:

Enviar um comentário