sábado, 23 de julho de 2016

Frans Banfield en Tui

Frans Banfield volta un ano máis a Galicia, tras o seu regreso a Bos Aires fai 3 anos onde formou o seu proxecto en solitario baixo o nome "Los Hijos del Rigor", encóntrase a piques de presentar o seu terceiro disco.
Despois de estar ao frente de PHANTOM CLUB, nesta nova etapa musical achégase máis á canción de Rock e Blues con letras profundas en castellano, onde aborda historias de traicións, amores e desamores.
Presenta na intimidade "El Desencuentro" , o seu terceiro traballo, á guitarra e voz e con músicos locais convidados.
-----------------------------------
socios/as beta 3€
betuneiros/as de balde
-----------------------------------
Lembrámosvos que para acceder ás instalacións da Asociación Cultural Betún é necesario ser socio/a. Poderás inscribirte nas nosas instalacións en horario de actividade por 2€ anuais os socios/as beta, e por 5€ mensuais os socios/as betuneiros/as. Os socios/as que non desexen disfrutar das actividades poderán facer uso do resto das instalacións da Asociación Cultural Betún.

Sem comentários:

Enviar um comentário