Suporán un investimento de 60 mil euros para dar servizo a un centenar de veciños
Esta semana comezaron as obras de abastecemento ao barrio do Monte en Caldelas. Cun orzamento cercano aos 60 mil euros son executadas polo Consorcio de Augas do Louro dentro dos investimentos previstos co cargo aos seus fondos para este ano no Concello de Tui.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que esta era unha obra moi demandada dende hai tempo polos veciños deste barrio para solucionar os problemas de abastecemento que tiñan que se incrementaban na época estival. Deste xeito o próximo mes agosto, cando se calcula que os traballos poidan estar rematados, un centenar de veciños verán mellorado o servizo de abastecemento de auga nos seus fogares.
Sem comentários:
Enviar um comentário