Contemplase súa execución por fase ao ser o seu orzamento total dun millón de euros
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse a primeira hora da mañá coa xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, a quen presentou o proxecto para a execución dunha senda peonil entre Tui e Caldelas cun percorrido aproximado de 7 quilómetros. A realización desta vía suporá un investimento de 1 millóns e enmárcase nas actuacións previstas polo goberno municipal de Tui para a posta en valor das beiras do Miño.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou positivamente o encontro coa xefa provincial de Costas salientando que sempre é moi receptiva as solicitudes que fan dende o consistorio tudense. Nese senso comprometeuse a estudar a posibilidade de que o seu departamento contribúa a financiar parte desta obra. Enrique Cabaleiro sinala que dado o importante orzamento do proxecto poderá executarse por fases. Entre as primeiras actuacións previstas está a construción dunha ponte peonil sobre o río Louro, para o que agora mesmo estase a traballar no proxecto de expropiacións. Unha vez se conte cos terreos o Concello recuperará o convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil para o financiamento dos traballos que ascende a 116 mil euros.
Hoxe coa xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, o alcalde tudense tratou tamén o estado de execución da senda peonil entre o Centro Interfederado e a vella Ponte Internacional que está só pendente para o seu remate dunha obra complementaria a executar polo Concello polo que a principios de agosto podería estar operativa. Na mesma investíronse 100 mil euros.
Dende o Concello de Tui, explica Enrique Cabaleiro que apostan pola mellora de todo o cauce do Miño polo que suman outros proxectos coma a senda de 2 quilómetros dende a vella Ponte Internacional ata o termo municipal de Tomiño. Para iso están xa a falar cos propietarios dos terreos para levar a cabo o desbroce da zona e marcado da senda. Neste caso o proxecto ascende a 300 mil euros. Tamén o concello presentou a fondos europeos o proxecto da senda polo río Tripes dentro do obxectivo global de pór en valor os recursos naturais do municipio para o goce dos veciños e coma polo de atracción turística.
Sem comentários:
Enviar um comentário