O triatleta tudense Gustavo Rodríguez gravou a subida como apoio á proba deportiva Be Legend Bike Series
O domingo 31 de xullo celebrarse a I Cronoescalada ao Monte Aloia que forma parte da “Be Legend Bike Series 2016”. Este campionato está composto por tres probas en formato cronoescalada, que se realizarán ascendendo ao Monte Aloia en Tui, o 31 de xullo, ao Monte Xiabre de Vilagarcía de Arousa, o 28 de agosto, e ao Mirador da Curota, na Pobra de Caramiñal, o día 2 de outubro. As inscricións poden realizarse xa a través de páxina web www.belegend.es
Para promocionar esta I Cronoescalada ao Monte Aloia o triatleta tudense Gustavo Rodríguez realizou a subida ao Monte Aloia para facer a gravación do percorrido. Tras participar o pasado sábado no Campionato do Mundo de Duatlón, Gustavo Rodríguez está apoiando esta proba deportiva, que agarda reunir en Tui aos mellores escaladores da zona. A gravación realizada será subida á rede, a través dun coñecido portal especializado en ciclismo, para que todos os ciclistas interesados poidan dende casa e cun rodillo, competir contra o campión tudense, nunha espectacular ascensión ao Monte Aloia.
Sem comentários:
Enviar um comentário