O luns 11 de xullo dará comenzo no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui
O Campamento de Verán do Concello de Tui dará comezo o próximo luns, 11 de xullo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o mércores 27 de xullo (o luns 25 de xullo é festivo).
Nesta primeira quenda participarán 172 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no noso concello.
O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.00 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran.
Ás 09.30 horas, trala recepción dos participantes, realizarase o acto de presentación, no que están convidados todos os pais e nais dos nenos e nenas inscritos, onde o coordinador do campamento explicará as normas básicas do mesmo.
A segunda quenda do campamento empezará o xoves 28 de xullo e rematará o venres 12 de agosto.
Sem comentários:
Enviar um comentário