Nos próximos días pintarase a sinalización horizontal en todo o casco urbano
Cun investimento cercano aos 60 mil euros hoxe comezaron as obras de reasfaltado e repintado da rotonda situada no cruzamento entre a PO-550 e a PO-404 na parroquia tudense de Guillarei. O Concello de Tui leva a cabo esta obra ante o mal estado que presentaba a rotonda con deficiencias no firme e no pintado que estaban a xerar problemas de seguridade vial. Así o explicou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen deu conta de que a obra se executa grazas ás baixas obtidas polo Concello nun dos plans da Deputación do ano 2015
Por outra parte Enrique Cabaleiro avanzou que nos próximos días se iniciarán tamén os traballos de pintado da sinalización horizontal dende esta rotonda ata o casco urbano, tanto das liñas de separación de carril, coma de pasos de peón, ceda o paso ou stop. A actuación segundo o rexedor suporá un investimento cercano ao 100 mil euros, e era moi necesaria xa que o estado dos viais redundaba negativamente na seguridade tanto dos condutores coma dos peóns. A execución da obra demorouse máis do previsto pola tramitación administrativa ao ser precisos diversos informes sectoriais cos que xa conta o Concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário