Onte foron recibidos polo alcalde e o concelleiro de Turismo
A Eurocidade Tui-Valença foi o lugar elixido para iniciar o Camiño Portugués a Santiago por un grupo de 250 persoas membros da Garda Real e familiares. A primeira hora deste mañá cruzaron pola vella Ponte Internacional iniciando o primeira etapa que os levara ata Mos. É o terceiro ano en que realizan o Camiño de Santiago elixindo nesta ocasión a ruta que pasa por Tui.
Este numeroso grupo está dende onte en Tui cando foron recibidos no salón de sesións da casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso. Alí as autoridades municipais lles deron á benvida á cidade e lles desexaron bo camiño, ao tempo que membros da Garda Real lles fixeron entrega dunha metopa en sinal de agradecemento pola acollida recibida e pola colaboración na organización previa desta actividade.
Este grupo permanece na cidade durante dous días, aproveitando a súa estancia para coñecer distintos puntos da mesma coma o conxunto histórico.
Sem comentários:
Enviar um comentário