Dentro do Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade
O sábado 16 de xullo realizarase unha nova andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, o “Trilho Nocturno do Monte Carvalho”, que terá a saída ás 22.00 horas españolas, dende a igrexa matriz de Fontoura, cun percorrido de 10 quilómetros, de dificultade fácil/moderada, e unha duración aproximada de catro horas.
Como nas andainas anteriores, é necesaria a inscrición previa, a través do enderezo electrónica caminhadas.andainas@gmail.com / celtasdominho@gmail.com /
clubandatui@gmail.com, cun custe da andaina é de 5€ por persoa e de 3€ para menores de 12 anos, sendo o día límite de inscrición o día 13 de xullo.
O punto de encontro alternativo para aquelas persoas que non coñezan o punto de encontro será no parque de estacionamento da rotunda de San Pedro da Torre, ás 21.40 horas españolas.
Dado que o percorrido será nocturno, é obrigatorio levar lanterna.
Tódala información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.
Sem comentários:
Enviar um comentário