Mañá mércores, 1 de marzo, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, e a directora xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, farán un percorrido polo conxunto histórico de Tui nunha visita guiada á nova sinalización instalada nesta zona da cidade. O punto de encontro será ás 12h na casa do concello. Tamén participarán membros da corporación municipal.
Sem comentários:
Enviar um comentário