Estes días remata nas instalacións deportivas Álvarez Durán a instalación dun novo céspede artificial de última xeración, unha obra que supón un investimento de 150 mil euros financiados con cargo do Plan Concellos 2015 da Deputación de Pontevedra.
O gran uso do anterior céspede instalado hai 9 anos, xunto o deterioro natural do tapiz, aconsellaron a súa reposición. As obras consistiron no barrido e aspirado con medios mecánicos do terreo, levantamento do firme existente – parte do cal poderá reutilizarse noutras instalacións municipais - e revisión e reparación das rexillas e drenaxes, e da base asfáltica.
O seguinte paso foi a instalación do novo céspede de última xeración de monofilamento, con alta densidade, cunha sección de fibra en S que permite un inmediato retorno das fibras en posición vertical durante e despois do uso. Outras das súas características son a resistencia aos raio UV, ao frío, non é abrasivo, ten unha óptima durabilidade e conta con buracos de drenaxe e acabado na parte traseira en látex imputrescible. Unha vez completado este proceso será cortado o céspede e incrustadas as liñas de xogo, rematando co seu lastrado.
A obra estará rematada nuns días polo que o Tyde F.C. volverá contar con campo nunhas condicións óptimas para a práctica deportiva.
Previamente tamén co financiamento do Plan Concellos, cun investimento superior aos 70 mil euros, levouse a cabo a reparación e execución dun muro de contención para solucionar os problemas de desprendementos que existían nunha zona de talud e foi substituído o saneamento nesa zona por un novo.
Lembramos que nas mesmas instalacións municipais por parte de operarios municipais e dunha empresa especializada estase a revisar a rede de saneamento impermeabilizando a tubaxe e eliminando os entullos e materiais que existían no interior e impedían o seu correcto funcionamento.
Sem comentários:
Enviar um comentário