O persoal do departamento de Obras do Concello de Tui asistiu no día de onte a unha xornada de formación no uso de plataformas elevadoras organizada pola concellería de Persoal en colaboración coa Autoescuela San Telmo.
Grazas a esta actividade formativa os empregados municipais puideron mellorar o actualizar os seus coñecementos no uso deste tipo de plataformas así coma nas medidas de seguridade que teñen que adoptar cando as empregan.
Dende a concellería de Persoal considerase necesario este investimento en formación en materia prevención de riscos dos traballadores municipais, xa que este é en definitiva un investimento en seguridade
Sem comentários:
Enviar um comentário