Remataron as obras de saneamento nas instalacións deportivas Álvarez Durán, na parroquia de Randufe. Cos traballos realizados nas últimas semanas púxose fin aos problemas que a rede de sumidoiros presentaba dende hai case tres décadas con filtracións das augas residuais. Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, tras inspeccionar a canalización cunha cámara e comprobar o estado que presentaba colocouse unha tubaxe de pvc e arranxáronse as arquetas co que eliminan completamente os vertidos e filtracións que se viñan producindo durante anos. Agora toda a rede de saneamento destas instalacións deportivas municipais pasan a estar conectadas ao sistema de saneamento.
Sem comentários:
Enviar um comentário