Sheila Patricia preséntanos este 2017 o seu EP “El camino de los sueños.
Pero, ¿quen é Sheila Patricia? As súas raíces familiares musicáis e escénicas encamiñaron dende moi cedo a súa vida cara os escearios. A influencia da súa nai, poeta e do seu pai, músico cantautor fixeron que os seus primeros pasos estiveran acompañados de numerosos encontros con artistas de diferentes disciplinas e nacionalidades, do tamaño de Rafael Amor, César López, Yoruba Andabo, Pedro Luis Ferrer, etc o cual configuróu a súa persoa e a súa proxección musical.
A súa música emparentase co folclore de diferentes lugares, especialmente recibe influencias latinoamericanas, onde adoita viaxar a miúdo para realizar as súas xiras musicáis.
Forza, emoción e simpatía mestúranse no espetáculo que pon sobre o esceario en cada actuación a cantautora galega, finalista no certame ‘Santiautor 2014’ de Santiago de Compostela e no máis importante certame a nivel nacional ‘Certamen de Cantautores de Burgos en 2015 e 2016. A nosa artista aproxima ao público na súa atual xira a unha produción na que destaca a canción de autor, o fado,bolero e o folclore galego e de diferentes países, todo isto posto na escea cunha extraordinaria enerxía e pasión, creando un clímax que envolve ao espectador dende o primeiro instante que toma a súa butaca. Trátase dunha viaxe para os sentidos, onde a música de raíz así coma as súas propias composicións toman protagonismo.
Sheila Patricia posúe unha fermosísima voz, que lle permite cantar coma poucos vocalistas poden facelo, demostrado en cada actuación que é unha artista no máis amplo sentido da palabra, poñendo sobre o esceario un espectáculo único e inolvidable. A cantautora encádrase no xénero world music, e o seu último traballo discográfico, con Gabriel Peso na producción, adopta unha tendencia jazz dentro da canción de autor e o folk, dando cunha novedosa experiencia. Este traballo, baixo o título “El camino de los sueños”, será presentado ao longo deste ano 2017 comezando por Arxentina durante o mes de xaneiro, voltando á península en febreiro para continuar coas presentacións.
Sem comentários:
Enviar um comentário