A totalidade do persoal municipal, 118 traballadores, están cubertos dende o pasado 1 de febreiro por unha póliza de accidentes contratada polo Concello. A existente até o momento só daba cobertura aos 40 funcionarios da plantilla, e a nova abrangue tanto a funcionarios coma a traballadores laborais tanto fixos coma temporais.
Deste xeito dáse cumprimento a unha das cláusulas recollidas no convenio colectivo do persoal laboral, na que se prevía a extensión dos efectos desta política a todo o persoal, baseándose no principio de igualdade e non discriminación, que ata o momento se incumpría.
A nova póliza contratada dende o Concello cubre os posibles accidente da totalidade da plantilla municipal. Deste xeito increméntase a cobertura da póliza nun 190%, mentres que importe da prima sobe nun 30%.
Sem comentários:
Enviar um comentário