sábado, 6 de maio de 2017

35 coches históricos concentraranse mañá sábado en Tui

Participan no IV Rally do Descubrimento organizado pola Escudería Vigo Clásicos
Mañá sábado, 6 de maio, o IV Rally do Descubrimento concentrará, no Paseo da Corredoira de Tui, a partir das 18.00 horas, a trinta e cinco coches históricos, todos eles anteriores a 1970.
Entre os inscritos destaca a presenza de dous Hispano Suiza de 1926, Mercedes Adenauer, Maserati, Ford A, Ford V8, Mercedes 300 SL ou un impresionante Bugatti T57. Os deportivos estarán representados polos modelos de Triumph, MG e Austin presentes.
A proba celébrase na modalidade de regularidade non deportiva para vehículos clásicos, na que non prima a velocidade, se non a táctica e a orientación, así como o traballo en equipo e a compenetración entre piloto e copiloto.

Sem comentários:

Enviar um comentário