segunda-feira, 1 de maio de 2017

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na XXI Feira de Artesanía

É preciso contar coa Carta de Artesán ou equivalente. Celebrarase o 6 e 7 de maio
 O Concello de Tui vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar na XXI Feira de Artesanía que se celebrará o 6 e 7 de maio.
Ofértanse un total de 44 postos de venda directa aos que poderán acceder aquelas persoas que o soliciten sendo requisito imprescindible que estean en posesión da carta de artesán de Galicia ou do carné acreditativo equivalente de garantía de calidade expedido noutras comunidades. Os interesados terán ata o 7 de abril para presentar a súa solicitude, no impreso normalizado, xunto coa documentación requirida e fotografías do material a expor no departamento de Cultura na casa do concello de Tui ou enviando por correo postal a documentación impresa.
A XXI Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de maio de 12 a 22h na rúa Ordóñez, e nas prazas do Concello e San Fernando. Haberá amais un espazo reservado para as asociación de Palillerias do Baixo Miño e de Bordado ao Aire. O obxectivo desta feira é apoiar a comercialización do produto artesán, así coma promocionar de difundir a actividade artesán achegándoa ao público dun xeito directo. Ao tempo tamén se busca a promoción e dinamización do conxunto histórico de Tui e do Centro Comercial Aberto da cidade no eido comercial, social e cultural. 

Sem comentários:

Enviar um comentário