terça-feira, 6 de março de 2018

Aberta a convocatoria para a contratación dun docente para impartir os módulos de “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero” e “Formación para a igualdade”

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 9 de marzo
Até o venres 9 de marzo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha docente para impartir os módulos de “Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero FCOO03” e “Formación para a igualdade FCOXXX05” para os cursos “IMAI0108 Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica”, “MAMR0108 Montaxe de mobles e elementos de carpintería” e “ELEE0108 Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas”.
Na web municipal pódense consultar as bases da convocatoria que contemplan a contratación por un total de 56 horas lectivas (18 por curso).

Sem comentários:

Enviar um comentário