O goberno municipal aposta por facer públicos os códigos solicitados buscando así que os procesos de contratación sexan limpos, xustos e abertos
O Concello de Tui solicitou á Deputación de Pontevedra a contratación de 20 persoas en situación de desemprego ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais do Plan Concellos 2018. En concreto solicítanse 7 peóns de horticultura xardinería, 2 oficiais de segunda albaneis, un oficial de segunda carpinteiro, un oficial condutor de camión, un oficial de segunda soldador de estruturas metálicas lixeiras, catro animadores turísticos, dous empregados/auxiliares administrativos para a Biblioteca Municipal, e 2 empregados/auxiliares administrativos de servizos xerais.
Unha vez a Deputación de Pontevedra aprobe a concesión da correspondente subvención será a Oficina de Emprego de Tui a encargada de realizar a sondaxe de candidatos para a selección de persoal entre as persoas inscritas na mesma nos códigos correspondentes a cada praza. O goberno municipal aposta por facer públicos os códigos solicitados buscando así que os procesos de contratación sexan limpos, xustos e abertos.
A continuación figuran a lista de prazas e os códigos correspondentes:
Peón Horticultura -Xardinería ( 7 Traballadores) CNO - 95 121019 Categoría 80
Oficiais Segunda Albaneis (2 Traballadores) CNO - 71 211015 Categoría 50
Oficial Segunda Carpinteiro ( 1 Traballador) CNO 71 311049 Categoría 50
Oficial Condutor Camión ( 1 Traballador) (Carné C, Cap- Tarxeta Cualificación Condutor) CNO- 84 321042 Categoría 00
Oficial Segunda Soldador Estruturas Metálicas Lixeiras ( 1 Traballador) CNO - 73 121051 Categoría 50
Animador Turístico ( 4 Traballadores) CNO- 37 241016 Categoría 00
Empregado/Auxiliar Administrativo de Biblioteca ( 2 traballadores) CNO- 42 101011 Categoría 70
Empregado/Auxiliar Administrativo de Servizos Xerais (2 traballadores) CNO- 43 091029 Categoría 70
Sem comentários:
Enviar um comentário