segunda-feira, 17 de dezembro de 2018

Concerto de Nadal en Tui

Data: 21/12/2018
Lugar:  Teatro Municipal de Tui
A Orquestra Sinfónica de Tui, o Coro Mistura Vocal e o Coro do Conservatorio Profesional de Música de Tui ofrecerán o venres, 21 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui o "Concerto de Nadal". 
Obras clásicas e composicións do Nadal serán as que interprete a Orquestra Sinfónica de Tui, integrada por alumnos, exalumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui, no Concerto de Nadal. Participará tamén o coro Mistura Vocal dirixido por Aloia Martínez, e alumnos do coro do conservatorio tudense. Non faltarán as sorpresas.
Director da Orquestra Sinfónica de Tui: Luís Caballero Varona
Prezos 6 € - 5 €
Duración: 90 min.
Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres, 21 de decembro, ás 12h, ou o mesmo venres dende ás 19.30h no despacho de billetes. 

Sem comentários:

Enviar um comentário