segunda-feira, 7 de março de 2016

A Biblioteca Municipal acollerá unha actividade a cargo de Caxoto Cativo co gallo do Día Internacional da Muller

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá o martes, 8 de marzo, ás 17.30h unha actividade co gallo do Día Internacional da Muller . Correrá a cargo de Caxoto Cativo da Trastenda de Contos que no seu espectáculo fará un achegamento a través dos contos á situación da muller na nosa sociedade. Dende o conto tradicional faise un repaso polos estereotipos de xénero para desmontalos e recordarnos que a igualdade entre homes e mulleres non está acadada.
Felipe Díaz (Caxoto) é a persoa que se atopa detrás do mostrador da Trastenda. Na súa traxectoria como narrador Caxoto Cativo percorreu varias veces toda a xeografía galega con algunhas incursións no resto de España. Na actualidade é contador de referencia en concellos como A Coruña, Lugo, Vigo, Oleiros, Arteixo ou Narón. Ademais, participa coa Escola das Utopías impartindo “Obradoiros de Contacontos” e compón o 50% da Compañía teatral DINAMO Teatro.
A sesión está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos. A entrade é de balde e hai 25 prazas dispoñibles. Por este motivo os interesados teñen que inscribirse dende hoxe mesmo na propia biblioteca, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03.

Sem comentários:

Enviar um comentário