Ata o este domingo 20 de marzo a Policía Local de Tui está levando a cabo unha campaña de vixilancia do uso do cinto de seguridade e dos dispositivos de retención infantil. Deste xeito súmase á campaña especial posta en marcha o pasado luns pola Dirección Xeral de Tráfico .
Dende a Policía Local de Tui lembran que sempre se debe usar o cinto de seguridade, incluso nos traxectos curtos ou vías urbanas. O mesmo acontece cos dispositivos de retención infantil, os nenos deben ir sempre sentados e ancorados nestas cadeiras. Cómpre lembrar amais que dende o pasado 1 de outubro os menores que midan menos de 1,35m deben empregar un sistema de retención infantil homologado, adaptado a súa talla e peso, e estes deben situarse nos asentos traseiros do vehículo.
Sem comentários:
Enviar um comentário