quarta-feira, 23 de março de 2016

I Torneo Randufe Futsal

O Randufe Fútsal, en colaboración co Concello de Tui, organizará o I Torneo Randufe Futsal, no que seis equipos competirán en tres categorías, xuvenil, cadete e infantil, no pavillón deportivo municipal novo e no pavillón deportivo do CEIP de Randufe.
Os clubs participantes serán o Club Deportivo Unión, Segosala (Segovia),  Zona Fut (Valença), Futsal Morrazo, Vigo 2015 e o club organizador, Randufe Futsal.
As finais terán lugar a partir das 19.00 horas do venres 25, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário