Obradoiro o xoves 31 de marzo ás 18:30h no Edificio Área Panorámica de Tui (Rúa Colón, 2).
O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, co obxectivo de contar coa opinión da cidadanía, celebra 50 obradoiros participativos para definir as Directrices da Paisaxe de Galicia. Estes obradoiros son a segunda parte da elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia. Na primeira parte contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia (Documento dispoñible neste enlace ).
Os obradoiros previstos e aos cales pode asistir calquera persoa interesada, ben a título particular ou en representación dalgunha entidade empresarial ou asociativa, son os seguintes:
- Comarca Paisaxística da Costa Sur-Baixo Miño, comprende os Concellos de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui. Obradoiro o xoves 31 de marzo ás 18:30h no Edificio Área Panorámica de Tui (Rúa Colón, 2).
Para participar nestes obradoiros é preciso anotarse a través do enderezo electrónico atlaspaisaxe.iet@gmail.com, ou ben chamando aos números de teléfono 981.910.206 e 608.201.251.
Para máis información sobre este proceso pode consultarse a páxina web: www.somospaisaxe.org
in Infomiño
Sem comentários:
Enviar um comentário