segunda-feira, 7 de março de 2016

Charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios no ámbito do Camiño de Santiago

O próximo martes, 8 de marzo, ás 17h, na Sala Félix Rodríguez na Área Panorámica  celebrarase unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios  no ámbito área de rehabilitación integral (ARI)  dos camiños de Santiago, entre os que se atopa o Concello de Tui. En concreto pódense beneficiar destas achegas os veciños das parroquias de Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e O Sagrario por onde pasa o traxecto do Camiño Portugués a Santiago.
Técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) serán os responsables de impartir a charla informativa dando conta do proceso para solicitar as axudas do programa “Vivendas do Camiño”, das actuación subvencionables e resolvendo ás dubidas que poidan ter os asistentes.

Sem comentários:

Enviar um comentário