Tui seguirá sendo sede das concentracións das diferentes seleccións galegas co apoio do Club Baloncesto Tui
En 1 de marzo, tivo lugar na Casa do Concello de Tui, o acto de sinatura do convenio de colaboración entre a Federación Galega de Baloncesto, FEGABA, o Concello de Tui e o Club Baloncesto Tui, polo que a nosa cidade seguirá sendo sede oficial das concentracións das diferentes seleccións galegas, na súa preparación para os distintos campionatos nacionais.
O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso e o presidente do Club Baloncesto Tui, Juan Ramón Cal, renovaron este convenio ata a tempada 2018/2019, acompañados polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
No marco deste convenio, a FEGABA comprometeuse a subministrar dúas canastras de categoría mini, para o uso do C.B. Tui durante a vixencia deste convenio.
Dadas as boas relacións entre as dúas institucións, a Federación Galega de Baloncesto ofreceu ao Concello de Tui, a organización do Campionato de España de Seleccións Mini, que se disputará no ano 2017.
Tui co baloncesto
Na liña da colaboración establecida entre a nosa cidade, o Club Baloncesto Tui e a Federación, o Concello de Tui apoiará ao Concello do Porriño, na organización do Campionato de España de Baloncesto en categoría infantil feminino, que se celebrará entre os días 12 e 19 de xuño. No mesmo participarán 32 equipos a nivel nacional, Tui será a sede da primeira fase.
Entre o 23 e o 30 de xuño, o equipo Permuferías Avenida de Salamanca, organizará un campus en Tui, no que participarán 70 rapazas desa cidade, que utilizarán a instalacións deportivas municipais e gozarán dunha semana de actividades en Tui.
E para rematar no mundo do baloncesto, o Campus Joe Arlauckas volverá realizarse en Tui, entre os días 4 e 9 de xullo. No mesmo agárdase superar o número de participantes de anos anteriores. Este ano organizaranse máis actividades paralelas relacionadas co mundo do baloncesto.

Sem comentários:
Enviar um comentário