sábado, 5 de março de 2016

Tanxarina Títeres presenta "A Casa do Avó" en Tui

Tanxarina Títeres presenta o sábado, 5 de marzo, ás 18.30h no Teatro Municipal de Tui a obra de teatro de monicreques "A casa do avó". 
Sobre o escenario estarán Andrés Giráldez Río, Eduardo A. Rodríguez Cunha “Tatán” e Miguel Borines Fernández, actores e manipuladores. A dirección corresponde a Cándido Pazó. A obra vai dirixida a público famliar a partir dos 5 anos. Ten unha duración de 50 minutos. 
Entre o cómico e o poético están as pequenas aventuras dun neno por axudar ao seu avó, que vai ser desaloxado da súa casa por un banco. O apoio solidario propicia un final feliz nesta obra na que hai un xogo permanente entre bonecos, escenografía e actores. 
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
www.tanxarina.es
Prezos: 3,5€ - 2,5€

Sem comentários:

Enviar um comentário