quinta-feira, 21 de março de 2019

A Eurocidade conmemora o aniversario da vella Ponte Internacional cunha exposición simultánea en Tui e Valença de Puskas

A INAUGURACIÓN TERÁ LUGAR MAÑÁ VENRES PRIMEIRO NO ARQUIVO DE VALENÇA E LOGO NA ÁREA PANORÁMICA DE TUI
Con motivo do 133 aniversario da inauguración da vella Ponte Internacional a Eurocidade Tui-Valença organiza unha exposición do artista Puskas, que amosará a súa obra de xeito simultáneo no Arquivo Municipal de Valença e na Área Panorámica de Tui.
A inauguración será mañá venres, 22 de marzo,  comezando ás 18.30 hora galega no Salón nobre da Cámara Municipal de Valença coa inauguración do Mural da Eurocidade, un acto no que actuará a cantante galega Andrea Pousa. A continuación terá lugar a inauguración das exposicións nas que Puskas amosará a súa obra na que plasma diferentes elementos da Eurocidade coma as súas paisaxes, monumentos, santos…  Será ás 19.00 h no Arquivo Municipal de Valença e ás 19.30 h na Sala de Exposicións Municipal de Tui, na Área Panorámica. Como peche actuará novamente Andrea Pousa. As exposición poderán visitarse ata o 30 de marzo.
José de Barros, Puskas, é un pintor contemporáneo natural de Monçao. Autodidacta na súa formación mestura varias correntes artísticas na súa obra, que conta cun selo persoal.

Sem comentários:

Enviar um comentário