SAIRÁ ÁS 19.30 H DENDE A PRAZA DE SAN FERNANDO E REMATARÁ NA TRASEIRA DA ÁREA PANORÁMICA
O Entroido despídese este domingo, 24 de marzo, en Tui coa celebración do Enterro do Bacallau. No mesmo prevese a participación de miles de persoas que partirán ás 19.30 h dende a praza de San Fernando. O percorrido que realizará irá polas rúas Seixas, Porta da Pía, Ordoñez e Paseo da Corredoira até o Cantón de Diomedes onde se darán lectura as coplas, e continuará pola praza da Inmaculada, as rúas Augusto G. Besada, Betanzos, Praza de Galicia, e rúa Lugo até a traseira da Área Panorámica para proceder a incineración do bacallau. Segundo o recollido nas bases do Entroido o bacallau será portado pola comparsa gañadora do concurso-desfile do pasado domingo “El extraño mundo de la magia de Pexegueiro” da Asociación Entroido de Pexegueiro. A escola musical será realizada tamén pola comparsas de Pexegueiro, gañadora en acompañamento musical, mentres que o bacallau será realizado pola asociación “En Loureiro coma sempre” de Salceda que coa carroza de “O Mundo de Shrek” levaron o primeiro premio nesta categoría.
Debido á celebración do Enterro do Bacallau o tramo do Paseo da Corredoira dende a intersección coa rúa Augusto González Besada até os soportais estará pechado ao tráfico dende o sábado pola noite. Amais o aparcamento municipal estará pechada, e por tanto non se poderá estacionar, dende ás 11 h ás 22 h deste domingo.
FEIRA DE SAN CARNAVAL
Este domingo coincidindo co Enterro do Bacallau celebrarase de 11 a 20 h na zona dos soportais no Paseo da Corredoira a Feira de San Carnaval con distintos postos e actividades de animación ao longo do día como vos de cetrería, actuación de Tana ( 12.30 h) e dos grupos folclóricos Alfándega da Asociación X. C. San Telmo (12 h ), Refaixos e Polainas da Asociación C. Val de Flores de Baldráns (17 h), e Seixos Albos da Asociación C. Seixos Albos de Areas (18.30 h ) e xogos populares.
Sem comentários:
Enviar um comentário