sexta-feira, 22 de março de 2019

O apartado de turismo na web tui.gal está xa accesible en inglés

A INFORMACIÓN PODE CONSULTARSE EN CASTELÁN, GALEGO E INGLÉS
O apartado de turismo na web municipal tui.gal está xa accesible en inglés. Deste xeito a información turística da cidade pódese consultar en galego, castelás e inglés.  En concreto ao acceder ao apartado de turismo na parte superior da web pódese elixir o idioma no que se desexa sexa amosada a información.
En concreto pódese consultar a información sobre a Catedral, o conxunto histórico, o río Miño, a Ruta Xudía, ou as parroquias xa tamén en inglés. O mesmo acontece coa sección qué ver onde se recomenda a visita a alameda de San Domingos, á igrexa de San Francisco, á capela de San Telmo ou a Senda da Pedra Santa.  Tamén a información sobre os establecemento hostaleiro está accesible nos tres idiomas.
Con esta tradución ao inglés búscase que a web poida ser consultada polos milleiros de persoas que cada ano se achegan ata Tui dende outros países, sobre todo tendo en conta os novos hábitos de consultas dos viaxeiros a través da internet.
A tradución do apartado de turismo ao inglés continúa a liña iniciada no novo deseño do folleto turístico de Tui cunha edición trilingüe. 

Sem comentários:

Enviar um comentário