domingo, 31 de março de 2019

Carlos Pérez-Fonterosa será o pregoeiro das Festas de San Telmo 2019

RECOÑECIDO INTERNACIONALMENTE POLA SÚA COLECCIÓN DE SELOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO, FOI UN DOS FUNDADORES DO GRUPO NUMISMÁTICO E FILATÉLICO TUDENSE
Carlos Pérez-Fonterosa será este ano o pregoeiro das Festas de San Telmo 2019.
Carlos Pérez-Fonterosa Antón é un recoñecido comerciante de Tui, agora xubilado, que fixo da súa afección aos selos a súa paixón. Despois de 81 nos como coleccionista atesoura miles  de selos, sendo a súa colección sobre o Camiño de Santiago unha das máis valiosas do noso país, gañando varios certames. Esta colección do Camiño, viaxou recentemente ata a China da man da Embaixada Española naquel país. Este filatelista tudense que, cumpre neste o próximo mes de agosto 90 anos, continúa cultivando  unha afección que naceu de neno, e que o levou xunto con outros once amigos a fundar ao Grupo Filatélico e Numismático tudense, do que foi o presidente durante sete anos. Foi tamén tenente de alcalde do Concello de Tui durante o  mandato do alcalde Casal Aboy.
Na súa longa traxectoria no mundo da filatelia conseguiu para Tui a edición de oito selos dedicados a distintos monumentos ou lugares do municipio, algo do que se sinte “especialmente orgulloso”
Para Carlos Pérez-Fonterosa este nomeamento éncheo de orgullo e pensa que é unha honra inmerecida si se comparan os seus méritos cos dos seus predecesores, pero: “en amor a Tui a iso non me gaña ningún deles” e iso foi precisamente, o seu amor a nosa cidade o que o levou a aceptar esta distinción.
Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, considera que Carlos Pérez-Fonterosa reúne as cualidades precisas para ser un magnífico pregoeiro: un amor incondicional por Tui unha dedicación continua a difundir o nome da nosa cidade polo mundo e unha paixón pola filatelia digna de recoñecemento.

Sem comentários:

Enviar um comentário