O Concello considera imprescindible reorganizar a sua estrutura de persoal
Na mañá de hoxe presentouse o inicio dos traballos para a redacción da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) coa que contará o Concello de Tui nun prazo aproximado de 4 meses. Na presentación estiveron o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos, a consultora Tudó, especializada en traballos de organizacións e recursos humanos en administracións locais e que ten realizado mais de 130 RPT en concellos da provincia.
O proceso de redacción vai constar de tres fases na súa parte técnica ademais do asesoramento ó concello no proceso de aprobación formal.
En primeiro lugar vaise facer un estudo da situación laboral do concello en base a documentación da actual RPT, se realizarán entrevistas os traballadores, procederase o estudo de convenio colectivo e da situación do persoal entre outras cuestións. Nunha segunda fase terá lugar a composición do sistema organizativo dos recursos humanos, no que se identificarán os problemas existentes e a accións necesarias para corrixilos. Finalmente farán unha proposta na que determinarán cal é, o entender da empresa redactora, a estrutura óptima que debe adquirir o concello.
Nunha terceira fase se desenvolverá o organigrama da RPT que constará das fichas descritivas dos postos de traballo, escalas, subescalas, e valoración e descrición das funcións de cada un dos postos.
Finalmente para a súa aplicación será necesario un proceso de aprobación que inclúe a negociación coa representación sindical do concello e a aprobación por parte do pleno. Deberá ademais ser exposta ó público durante 20 días.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, considera imprescidible esta nova reorganización do concello para dar un adecuado desenvolvimento ás tarefas que o Concello ten encomendadas.
Sem comentários:
Enviar um comentário