segunda-feira, 18 de março de 2019

A maxia de Pexegueiro lévase o primeiro premio absoluto e o primeiro en acompañamento musical no Entroido de Tui

O MUNDO DE SHREK DE SALCEDA GAÑOU O PRIMEIRO PREMIO EN CARROZAS
“El extraño mundo de la magia de Pexegueiro” da Asociación Entroido de Pexegueiro foi a gañadora no Desfile-Concurso de Entroido celebrado esta tarde en Tui. Cunha alegoría do mundo máxico de fadas, duendes e outros seres que loitan por unha pócima amorosa fixéronse co primeiro premio do Entroido.   Tamén foron os gañadores o primeiro premio en acompañamento musical e do segundo en carrozas.
Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas de Tui para presenciar o Desfile-Concurso de Entroido.
O segundo  premio do Entroido tudense foi para a recreación da película Shrek “O Mundo de Shrek” realizada pola Asociación En Loureiro Como Sempre de Salceda.  O terceiro premio recaeu en “O circo de Tui” da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei cunha parodia entre a política local e o circo.  O cuarto posto foi para “Máis que unha feira” da Asociación cultural e recreativa “Arume” de Malvas cunha parodia da chegada a Tui cos cachivaches e as eleccións municipais. O quinto lugar foi para “Borralliño-Soutelo” de Salceda con súa proposta baseada na cultura oriental, o sexto premio correspondeu a “Luces” de Tomiño cunha comparsa inspirada no musical do Rei León, e o sétimo correspondeu a “Trazos Festival” de Redondela.
A carroza do Mundo Mundo de Shrek gañou o primeiro premio en carrozas, seguida de ”El extraño mundo de la magia de Pexegueiro”, que foi segunda, e da carroza de Luces de Tomiño que foi terceira seguida. O cuarto posto correspondeu ao Borralliño de Soutelo, de Salceda, quinta en carrozas foi Trazos Festival de Redondela, e sexta Máis que unha Feira de Malvas.
En acompañamento musical con música en directo os premios foron para “El extraño mundo de la magia de Pexegueiro”, “O circo de Tui” e “Máis que unha feira”.  Por último en Fantasía o premio foi para a comparsas “Vinciocas” da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, Gondomar, pola súa recreación da película Gnomeo e Xulieta.
O Entroido despedirase en Tui o próximo domingo, 24 de marzo, ás 19.30 h co Enterro do Bacallau que sairá  dende a Praza de San Fernando.
 GAÑADORES ABSOLUTOS:
            1º        EL EXTRAÑO MUNDO DE LA MAGIA DE PEXEGUEIRO         
            2º        O MUNDO DE SHREK 
            3º        O CIRCO DE TUI         
            4º        MÁIS QUE UNHA FEIRA
            5º        COMPARSA O BORRALLIÑO-SOUTELO         
           6º        COMPARSA LUCES DE TOMIÑO
            7º        TRAZOS FESTIVAL      
GAÑADORES CARROZAS
            1º        O MUNDO DE SHREK 
            2º        EL EXTRAÑO MUNDO DE LA MAGIA DE PEXEGUEIRO         
            3º        COMPARSA LUCES DE TOMIÑO
            4º        COMPARSA O BORRALLIÑO-SOUTELO         
            5º        TRAZOS FESTIVAL
            6º        MÁIS QUE UNHA FEIRA         
GAÑADORES ACOMPAÑAMENTO MUSICAL
            1º        EL EXTRAÑO MUNDO DE LA MAGIA DE PEXEGUEIRO         
            2º        O CIRCO DE TUI         
            3º        MÁIS QUE UNHA FEIRA                                       
GAÑADORES FANTASÍA
            1º        VINCIOCAS     

Sem comentários:

Enviar um comentário