quarta-feira, 27 de março de 2019

Tui contará con tres novos policías locais a comezos de 2020

ARESTORA COMPLETAN A SÚA FORMACIÓN NA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE. ESTE VERÁN REALIZARÁN PRÁCTICAS NA CIDADE
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e a concelleira de Emprego, Mila González, déronlle   a benvida a tres novos membros da Policía Local de Tui.  Foron seleccionados pola Academia Galega de Seguridade Pública, AGASP, e previa a súa incorporación en Tui terá que continuar a súa formación na Academia. No verán realizarán xa prácticas no Concello, e completarán a súa formación de novo na AGASP. A comezos de 2020 incorporaranse xa de forma definitiva coma membros do corpo da Policía Local de Tui.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que deste xeito seguen dando os pasos precisos para reestruturar e mellorar o concello e o servizo que se presta aos cidadáns.

Sem comentários:

Enviar um comentário