Este premio, que logra por segundo ano consecutivo, premia a programación realizada pola Biblioteca Municipal tudense no pasado mes de abril para a celebración das diversas datas vencellas ao mundo do libro e a lectura: Día do Libro Infantil e Xuvenil, Día do Libro, etc agrupadas en torno ao programa denominado “Mes das Letras”.
O premio consiste nunha achega de 1.000 euros para adquisición de fondos bibliográficos que enriquezan a colección da biblioteca tudense. Cómpre lembrar que a Biblioteca tudense tamén acadou no pasado ano 2008 un dos premios do concurso “María Moliner” que convoca o Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación “Coca-cola” España.
Moisés Rodríguez Pérez, na súa condición de Concelleiro de Cultura, felicítase deste novo recoñecemento ao labor que desenvolve a Biblioteca municipal tudense e que evidencia o importante compromiso que pola promoción da lectura ven realizando o Concello de Tui nos últimos anos. Ao tempo agradece á Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural este novo apoio á actividade da nosa Biblioteca Pública Municipal.
Sem comentários:
Enviar um comentário