O historiador tudense Jesús Vila resultou, hai agora un mes, finalista do Premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal 2008 convocado pola Editorial Toxosoutos xunto coas Fundacións Comarcais de Noia e Muros cun traballo titulado “A cidade medieval de Tui”.
O xurado presidido polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Barros Guimeráns, subliñou deste traballo o “interese descritivo dos acontecementos políticos e sociais, economía e grupos sociais, monumentos e territorio da cidade de Tui, dende o século XIII ao século XV, baseándose en fontes da Catedral tudense”.
Noraboa pois a Suso Vila por este galardón e pola publicación inmediata da obra na colección “Trivium” da editorial Toxosoutos. Agardamos, con expectación, a lectura desta obra e as súas anunciadas achegas á historia da nosa cidade.
Cómpre lembrar que no pasado ano outro tudense acadou tamén esta mesma condición de finalista no anterior edición do premio, foi Ernesto Iglesias Almeida coa súa obra, xa editada, “O antigo bispado de Tui en Portugal”.
in Tudensia
Sem comentários:
Enviar um comentário