O Albergue de Peregrinos de Tui acolleu no pasado mes de xuño un total de 493 peregrinos, logrando neste Ano Santo Compostelán unha nova cifra record de ocupación en relación cos anteriores anos xacobeos, pois no mes de xuño de 2004 a ocupación do albergue foi de 312 peregrinos mentres que no pasado ano 2009 o número de peregrinos acollidos acadou os 365.
Con esta cifra de case 500 peregrinos no pasado mes de xuño o nivel de ocupación do albergue tudense acada un 78% de media ao longo do mes. No que vai de ano o Albergue tudense ten acollida xa a 1828 peregrinos.
A procedencia dos peregrinos é maioritariamente española e portuguesa pero en menores números o albergue tudense acolleu a peregrinos procedentes de numerosos países europeos (Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Finlandia, etc.) pero tamén doutras nacionalidades máis aloxadas que evidencia o poder de convocatoria que posúe o camiño de Santiago: Guinea, Xapón, Noza Zelanda, Estados Unidos, México, Cuba, Brasil, Arabia, Corea do Sur, Turquia, etc.
O Albergue de peregrinos de Tui, ubicado na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, ao carón da Catedral no corazón do conxunto histórico tudense, posúe unha capacidade de 36 prazas para peregrinos en liteira e abre todos os días ás 13,00 horas e pecha as súas portas ás 22,00. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfonos: 986 600 729 - 638 962 806.
Sem comentários:
Enviar um comentário