segunda-feira, 26 de julho de 2010

Catro mil persoas asistiron aos concertos de Dulce Pontes de Cristina Pato


Máis de catro mil persoas disfrutaron esta fin de semana dos concertos de Dulce Pontes e Cristina Pato no aparcamento municipal de Tui.

O sábado á noite a cantante portuguesa Dulce Ponte reuniu a 2.500 persoas no seu concerto “Momentos” no que repasou boa parte dos seus vinte anos de carreira, satisfacendo con creces aos seus incondicionais.

Con antelación o público comezou a chegar á explanada do aparcamento municipal, onde foi ocupando as cadeiras colocadas para a ocasión, que foron insuficientes para acoller a todas as persoas que non quixeron perder esta cita co mellor da música portuguesa. Dulce Pontes encandilou ao público coa súa voz e a súa forza, facendo un magnífico repaso polo seu repertorio.

Xa onte domingo foron 1.500 as persoas que se citaron na traseira da Área Panorámica para asistir ao concerto que na cidade ofreceu Cristina Pato. A gaiteira máis internacional ofreceu un concerto próximo e cheo de forza no que fixo un repaso tamén pola literatura galega con Laura Amado pondo voz por exemplo aos poemas de Rosalía de Castro.

Foi unha fin de semana de música na que o bo tempo acompañou con dúas noites con temperaturas moi agradables.

O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, amosa a súa satisfacción polo éxito destes dous concerto nos que o público de Tui, dos concellos limítrofes e do norte de Portugal disfrutou con estes eventos musicais nunha fi de semana na que Galicia estivo en pé de festa. O edil lembra que a programación cultural continua con novas propostas ao longo do verán na que desexa que de novo o público resposta satisfactoriamente, coma soe facer nas convocatorias realizadas polo seu departamento.

Esta semana a programación do verán ofrece mañá martes, ás 21.30h, no Parque do Laxal en Rebordáns a XI Noite Internacional do Miño, e o venres ás 22.30h na Praza de San Fernando chega a primeira película do “Cinema de Verán” coa proxección de ICE AGE 3.

Sem comentários:

Enviar um comentário