A zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle unha nova mostra, trátase neste caso da exposición de fotoxornalismo galego “Galicia en foco” que acada neste ano a súa vixésima edición.
Esta concurso e exposición itinerante está organizado polo Club de prensa de Ferrol
Participan nesta edición os fotoxornalistas: Álvaro Ballesteros, Amador Lorenzo, Andrés Fraga, Ángel Manso, Antonio Hernández, Francisco Puñal... ata un total de 44 fotógrafos que abranguen co seu traballo a práctica totalidade da prensa galega. Entre os participantes foi elixida a foto do ano 2009 que correspondeu a unha obra do fotografo Miguel Riopa cunha imaxe da folga do metal en Vigo publicada na Agence France-Press.
A produción e creación de “Galicia en foco” xa é unha parte da historia da comunicación e a fotografía en Galicia ao encher un baleiro nos eidos da promoción, divulgación e mostra da fotografía de prensa. Esta exposición visita na súa itinerancia diversas cidades e vilas de Galicia así como Porto, Santander e Madrid.
Sem comentários:
Enviar um comentário