A Oficina de Turismo recibiu 3.659 consultas en xuño Foron 1.036 máis que no mes de maio
Un total de 3.659 persoas pasaron durante o pasado mes de xuño pola Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira. Deste total 2.811 eran turistas nacionais, mentres que os 848 restantes eran estranxeiros. O día en que máis consultas se realizaron na oficina de turismo foi o xoves 24 de xuño con 279 persoas que demandaron información.
Entre os turistas nacionais que se achegaron por este espazo de información están a cabeza os madrileños con 737 consultas, seguidos dos andaluces con 477, e dos galegos con 310. Houbo amais 245 consultas de cataláns, e 221 de castelá manchegos. As comunidades autónomas de onde menos consultas se recibiron na oficina de turismo foron Baleares e País Vasco.
En canto ao turismo estranxeiro os portugueses están á cabeza con 301 consultas na oficina de turismo, seguidos dos alemáns con 123, os franceses con 99. En total visitáronnos turistas de 22 nacionalidades distintas procedentes tanto doutros países europeos coma de Brasil, Cuba, Guatemala, Xapón, Israel, e Australia, entre outros.
A Oficina Municipal de Turismo rexistrou amais durante o mes de xuño un total de 75 consultas de peregrinos nacionais, a meirande parte andaluces, e 96 de peregrinos estranxeiros, principalmente alemáns.
Por outra parte este servizo elaborou tamén un informe sobre o número de pernoctacións ao longo dos 30 días do mes de xuño. Á cabeza no nivel de ocupación estivo o Parador de Turismo, o Hotel Colón, seguido do Hotel Alonso I. Amais houbo dez persoas que pernoctaron na cidade en Autocaravana.
O Concelleiro de Turismo, Moisés Rodríguez, valora positivamente o número de turistas que pasaron o pasado mes de xuño pola Oficina Municipal de Turismo demandando información sobre a cidade ou ben sobre o Camiño de Santiago. Agarda que nos meses de xullo e agosto as cifras se incrementen de xeito notable tanto en canto ao número de turistas coma de peregrinos.
A Oficina Municipal de Turismo abre de luns a venres de xeito ininterrompido de 10 a 20h, e as fin de semana de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h.
Sem comentários:
Enviar um comentário