quarta-feira, 24 de julho de 2013

Este venres visita guiada nocturna polo gótico de Tui

Este venres terá lugar a segunda visita nocturna que forma parte do programa de Andainas/trillos e visitas guiadas nocturna organizado pola Eurocidade Tui-Valença.
Con este programa de actividades a Eurocidade ofrece nos meses de verán, xullo e agosto, visitas guiadas nocturnas aos diferentes edificios do patrimonio histórico da cidade para que veciños e turistas coñezan desde unha perspectiva diferente os nosos elementos patrimoniais. 
Esta primeira saída está programada para o vindeiro venres 26 de xullo  cunha visita nocturna polo Tui gótico ás 22,00 h partindo do adro norte da Catedral, na Praza do Concello.
O programa deste ano resúmese nos seguintes puntos, sempre referíndose á hora local :
Venres 26 de xullo : Tui 22:00h
Visita guiada nocturna polo Tui gótico
Domingo 28 de xullo :  Tui 10h (Saída dende a Casa Forestal do Monte Aloia)
Andaina Saudable “Alto de San Xiao”
Venres 2 agosto : Tui 22:00h
Visita guiada pola Catedral “A Catedral encastelada : símbolos e historia”
Venres 16 agosto : Tui 22:00h
Visita guiada nocturna polo Tui barroco
Venres 30 agosto : Tui 22:00h
Visita guiada nocturna polo Tui das lendas
Esta actividade está organizada polas concelleiras de Cultura e Turismo do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença. 


Sem comentários:

Enviar um comentário