Mañá martes 16 de Xullo é a festividade da Nosa Señora do Carme, patroa da Mariña Española. Así, a Comandancia Naval do Miño, en colaboración co Excmo. Concello de Tui, celebrará esta festividade de fonda tradición na nosa cidade.
Os actos programados comezan ás 19h cunha Santa Misa na igrexa de San Domingos , da que partirá, ás 20h , una procesión coa imaxe da Nosa Señora do Carme.
A procesión levará a virxe ata a patrulleira Cabo Fradera , onde, acompañada de numerosas embarcacións , percorrerá o Río Miño ata a Ponte Internacional.
A celebración desta procesión fluvial é de notable tradición na nosa cidade, onde cada ano son numerosas as embarcacións que acompañan ao Cabo Fradera no seu percorrido, así coma a afluencia de público nas ribeiras do Miño para contemplar este popular cortexo.
Sem comentários:
Enviar um comentário