O próximo mércores 24, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campus de Tecnificación Joe Arlauckas, que está realizándose en Tui dende o día 22 ata o 27 de xullo, nos pavillóns deportivos municipais de Tui, organizado polo Club Baloncesto Tui en colaboración co Concello de Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, do concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, do presidente do club Baloncesto Tui, Juan Ramón Cal, e dos directores do campus, Joe Arlauckas ex-xogador NBA e ACB, e Carlos Losada, adestrador e exdirector técnico da canteira do Real Madrid nos últimos dez anos.
Sem comentários:
Enviar um comentário