Micaela, una nena de 19 meses de Tui que sofre a enfermidade muscular hipotonía vai recibir, grazas á axuda de Banta, ( Banco de tapóns do Baixo Miño), 2400 euros para comezar o tratamento da súa enfermidade.
Para iso, a partir de hoxe e ata o 28 de setembro, o Concello de Tui coa colaboración dos pais da nena, instalará un contedor de recollida de tapóns na entrada da Praza de Abastos, identificado cos carteis oficiais da campaña.
A hipotonía é una enfermidade de diminución muscular pola cal, as persoas que a padecen mostran una resistencia moi limitada ao movemento podendo ter dificultades para camiñar, masticar, tragar e incluso falar. A doenza non ten cura e pode empeorar se o paciente non se somete a un tratamento adecuado.
Así, as persoas que queiran colaborar coa causa de Micaela poden facelo depositando os tapóns no contenedor habilitado na Praza de Abastos ou se ben queren facer una aportación económica poden facelo via Facebook no link https://www.facebook.com/groups/671936112821380/ .
Sem comentários:
Enviar um comentário