O Club Kayak Tudense proclamouse recentemente Subcampión de España, tras acadar 10 ouros, 8 pratas e 2 bronces, no Campionato de España de Piragüismo en Pista celebrado en Verducido.
O campionato disputouse dende o venres 19, día no que o padeeiro tudense José Luís Bouza foi o gran protagonista, ao acadar os triunfos na modalidade C1 1.000 metros e 500 metros. Víctor Rodríguez foi prata en K1 1.000 metros, sendo Diego Piña e Gabriel Pavón, cuarto e quinto na mesma proba. E no K1 500 metros, Rubén Millán acadou a medalla de prata e Víctor Rodríguez foi cuarto.
Na xornada do sábado, o Club Kayak Tudense sobresaíu por encima do resto de clubs participantes, ao acadar once medallas, das cales, seis foron de ouro, nas modalidades K4 500 metros, K2 1.000 metros e K4 1.000 metros, todas elas en home e muller. A súa superioridade quedou demostrada coas outras cinco medallas de prata e outra de bronce.
Sem comentários:
Enviar um comentário