O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o concelleiro deDeportes, Nicolás Lorenzo, recibiron hoxe no Salón de Plenos do Concello de Tui, aNuria Piña e Katia Cardoso, subcampioas de España de remo olímpico, Silvia Leiras, campioa de España sub-12 de Esquí Náutico, e Silvia Pequeño, medalla de bronce no Campionato de España de Esquí Náutico sub-17. Neste acto tamén estiveron presentes os concelleiros populares José Ángel Villaverde, Marcelino Cendón, e María Fernández de Alternativa Tudense, así como o presidente do Club Remo Tui,Francisco Javier Álvarez, e a directora deportiva do Club Náutico San Telmo, Rosa Estévez Carrera.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, expuña que o “o nivel do deporte en Tui está acadando cotas moi importantes tamén no deporte base”. Agradeceu a estas deportistas e aos clubs o traballo que fan de promoción de Tui nas competicións ás que acoden. Salientou a traxectoria do Club Remo Tui que en dous anos leva colleitado máis dun centenar de medallas, e do Club Náutico San Telmo que tanto con anteriores directivas coma coa actual promoven o esquí náutico, avanzando que este último este ano entrará tamén nas subvencións deportivas “por méritos propios”.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, puxo de manifesto a importancia destes recoñecementos por parte do Concello, e tamén destacou que “detrás de cada medalla hai moitos días de traballo e de esforzo”. O rexedor tudense concluíu afirmando que “o río Miño nos deu e nos da grandes deportistas”.
Sem comentários:
Enviar um comentário