quarta-feira, 10 de julho de 2013

O SÁBADO 27 DE XULLO CELÉBRASE EN TUI O I CUADRIALÓN EUROCIDADE

O sábado 27 de xullo, a partir das 16.30h, celébrarase o I Cuadriatlón Eurocidade 2013.  O punto de saída e de transición das distintas disciplinas vai estar no Centro Interfederado.
Os participantes terán que realizar 500 metros a nado en augas do río Miño, 2 quilómetros en piragua, 12 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé.
Esta proba deportiva foi presentada o pasado Luns 1 de Xullo polos concelleiro de deporte de Tui e de Valença, xunto aos responsables de Verdeazul, e os deportistas Iván Alonso, Gustavo Rodríguez e Soraia Labrujo.
O concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Montes, destacou a súa satisfacción por ter recuperado esta proba deportiva "emblemática" en Tui. Ao tempo que tiña palabras de agradecemento para Javier Alfaya que foi o organizador do Cuadriatlón en edicións anteriores.
Mercedes Martín de Verdeazul, explicou que a proba se vai realizar en Tui e Valença, e tanto en individual coma en equipos. En equipos, que poder ser mixto, a proba de piragua deberá realizarse en k2.
Iván Alonso, padeeiro, en nome dos deportistas, amosou o seu desexo de que esta edición sexa un éxito, sinalando que é un aliciente máis que se celebre entre dous países.
Por último José Monte, vereador de Deportes de Valença, incidiu na vertente turística que tamén ten esta proba, engadindo que agarda que o 27 de xullo este evento sexa de novo un éxito.
A inscrición para o I Cuadriatlón da Eurocidade está aberta ata mércores día 10.  Ten un prezo de 7€ por persoa ao que haberá que sumar 10€ do aluguer do kaiak. A inscrición pode facerse nas instalacións de Verdeazul Aventuras, na Avenida de Portugal 22, de luns a venres de 10 a 13h e de 16.30h a 20h, na piscina de Valença, ou no correo electrónico info@verdeazul.es enviando xustificando de pago e datos do participante. Establécese un máximo de 200 deportistas nesta proba.
O Cuadriatlón na modalidade individual comezará ás 16.30h e ás 17h na de equipos. Os premios, que se entregarán ás 20.30h, serán aos tres primeiros da proba a nivel individual en categoría masculina e feminina, así coma as tres primeiras parellas absolutas, ao primeiro eurocidadán Tui-Valença masculino e feminino, e á primeira parella eurocidadá Tui-Valença.

Sem comentários:

Enviar um comentário