sexta-feira, 19 de julho de 2013

O Concello de Tui selecciona 8 voluntarios para o programa “Un amigo no Camiño Portugués de Santiago”

O Concello de Tui, ao través da Concellería de Deportes e Xuventude,  vai levar a cabo un programa de acción voluntaria denominado “Un amigo no Camiño Portugués de Santiago”, para o que presentou a correspondente solicitude á orde establecida para este cometido ante a Consellería de Traballo.  O obxectivo desta actuación será concienciar á poboación sobre a importancia do labor voluntario e o seus valores, en actividades relacionadas coa prestación do información e apoio “in situ” aos peregrinos que realizan o tramo tudense do Camiño Portugués. 
Para levar a cabo este obxectivo o concello vai seleccionar a 8 persoas de entre 16 a 30 anos que prestarán os seu labor voluntario durante 60 días a determinar segundo a necesidade, en xornadas de seis horas diarias até o 31 de decembro como data límite. Estas persoas en compensación por gastos de manutención e desprazamento recibirán 6€ diarios. 
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa como voluntarios poden presentar a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Tui ata o próximo martes, 23 de xullo. Toda a información pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui ou na web www.concellotui.org.

Sem comentários:

Enviar um comentário